A conta de Twitter da CRTVG, premiada

CRTVG

A conta de Twitter da CRTVG,  que xestionamos dende Anónimo Advertising, elixida como a mellor conta  de Twitter en Galego 2016!

Este premio outorgado por Twitter en Galego recoñece “o bo uso e promoción da lingua galega nesta rede social, así como o traballo dos empregados que están detrás da mesma.” O uso de imaxes e vídeos de calidade, o bo xogo coas iconas e, sobre todo, a calidade lingüística na xestión son algúns dos aspectos que levou a @CRTVG converterse na mellor conta en lingua galego. Este recoñecemento fortalece a área de Comunicación e Marketing Online da nosa axencia e súmase ao que xa acadáramos coa xestión das redes sociais de RSE da Xunta de Galicia, cando a consultora británica McClelland Media Ltd e a Diario Responsable lanzaron unha clasificación cos usuarios con máis reputación e consideráronnos entre os 50 máis influentes do mundo en temas de RSE en fala hispana.

 Podes ver a noticia ao completo no informativo da TVG facendo click AQUÍ